Thursday 02 de May de 2024

Torneo Internacional Congalsa de fútbol base do Concello de Ribeira


O Concello de Ribeira presentou hoxe unha nova edición do Torneo Internacional Congalsa de fútbol base que se disputará os días 25 e 26 de maio no campo de fútbol de herba natural do polideportivo da Fieiteira.
“Este torneo non é só unha competición deportiva, é un xesto de xenerosidade e solidariedade cara á Fundación Aladina, unha organización adicada a brindar un apoio integral aos nenos e adolescentes afectados de cancro e ás súas familias.” afirmou o concelleiro de Deportes Xabier Vidal.
Julio Mariño, promotor e organizador do evento, destacou a colaboración de tódalas pequenas e medianas empresas que apoian e patrocinan o torneo, que fan posible a recadación de fondos para a Fundación Aladina, así como a Ramiro Carregal, principal Mecenas do Torneo. Segundo explicou, serán 45 equipos os que participen, así como preto de 1300 rapaces e rapazas. O Secretario Xeral do Deporte; José Ramón Lete Lasa, destacou asimesmo a importancia deste tipo de eventos para a promoción do deporte base e a saúde dende a infancia. “É unha honra para o Concello acoller este tipo de eventos que unen a promoción do deporte e a soliedariedade” afirmou o rexedor, Luís Pérez, quen tamén destacou que “esto sería imposible sen a colaboración de tódolos autónomos e pequenas empresas da comarca”.
Na presentación tamén estiveron presentes Isabel Cañas, en representación de Congalsa, principal empresa patrocinadora, o Xefe provincial de Deportes; Roberto García, Iago Iglesias, padriño do evento, Francisco Martínez, en representación da Asociación de Empresarios de Ribeira, Trinidad Boo, de Publicolor, Javier Fontao, de Viaxes Fontao, e Angel Mariño, do Grupo Dunas.

Asimesmo estiveron presentes o tenente de alcalde Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde Francico Suárez-Puerta, o concelleiro Fernando Abraldes e o vicepresidente do Cidade de Ribeira C.F., Ramón Martínez.